Entidade declarada de utilidade pública

Novas

“A Antesala Luminosa”, unha novela que racha prexuízos

Antonio Tizón presentou en Lugo o 18 de setembro a súa novela “A Antesala Luminosa”, nun acto celebrado na Librería Trama, ó que acudiron, ademáis do propio autor, o editor Manuel Bragado, o xornalista Angel Vaqueiro e o presidente de Alume, Manuel Fernández.
“A Antesala Luminosa” ten dúas tramas entrelazadas, unha policiaca e outra dramática, persoal e autobiográfica, protagonizada por un home que sofre un transtorno bipolar. Tizón converteu en novela a súa propia experiencia, dun xeito realista pero ó mesmo tempo literario. O dominio da técnica narrativa, o seu talento e ó mesmo tempo as súas vivencias como vítima da bipolaridade lle permitiron crear unha obra que racha prexuízos contra as enfermidades mentais.
“A Antesala Luminosa” é real e realista, axuda a entender dende dentro a enfermidade e a ver como enfermo a quen a padece, con cercanía pero sen paternalismos nin sentimentalismos; con humor, pero sen burla, coa dignidade e o respeto que merece a verdade.
Manuel Fernández salientou a importancia do enfoque que aporta “A Antesala Luminosa” no tratamento literario da enfermidade mental, pois “emprega a literatura para achegar unha realidade e uns sentimentos que non doutro xeito se poden achegar e, máis aló da valentía de contar a propia vida, máis aló de construir unha narración sólida e interesante, que tamén, Antonio Tizón fai unha gran aportación contra o estigma”.