Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Diversiarte 2017

O mercado solidario Diversiarte volve a celebrarse este ano no seu emprazamento habitual, na praza de Anxo Fernández Gómez, detrás da casa consistorial. Este evento inicia o mércores 13 cun horario de 11 a 15 horas e de 17 a 20 horas, e finaliza o venres 15. Como todos os anos estaremos no stand dando información e vendendo os productos realizados nos talleres da asociación. Podedes atopar pezas de coiro, cerámica, cestaría, fimo, madeira e goma eva.

Neste mercado solidario participan ademáis outras 25 asociacións e é un bo lugar para solicitar información e coñeces o traballo que realizan: Asorlu, ONCE, Down Lugo, Cogami, Alusor, Feafes Galicia, Fademga Plena Inclusión, Bonhomía Asociación, Asociación Española do Síndroma de Wolf-Hirschhman, Adace Lugo, Asociación Galega de Lupus, Aspace Lugo, ADIL, Alucem, Capaces, Bule Bule, Anade, Auxilia, Raiolas Lugo, Alcer Lugo, Asociación Parkinson Lugo, Afalu, AECC e Aspnais.

Aparte dos postos de información haberá obradoiros (de braille e novas tecnoloxías o xoves 14 de 17  a 18 horas, coa ONCE), películas (o xoves de 11 a 13 horas no edificio de Novas Tecnoloxías) e lectura de contos (o xoves ás 12).