Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Alume estivo presente na Xornada Muller e Saúde Mental de Valladolid

Organizada pola Federación de Saúde Mental de Castela e León, o venres 16 de marzo celebrouse en Valladolid a I Xornada “Mujer y Salud Mental”, na que participou o presidente de Alume cunha ponencia sobre as accións que en materia de igualdade e contra a violencia de xénero estánse a levar adiante en Lugo no ámbito da Saúde Mental. Manuel Fernández, que tamén é vicepresidente de FEAFES-Galicia, explicou o funcionamento da vivenda protexida para vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental que xestiona Alume con financiación da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Durante a Xornada, presentáronse varios estudos sobre a muller e a discapacidade, insistíuse na necesidade de aplicar a perspectiva de xénero no ámbito da saúde mental e houbo tamén intervencións en primeira persoa.

Neste enlace hai máis información sobre a Xornada
https://consaludmental.org/sala-prensa/usuarias-recursos-castilla-leon-mujeres-36541/

E neste outro, unha visión sobre o xeito en que a condición de muller supón aínda máis discriminación
http://feafesgalicia.org/ES/noticia-detalle/8M-la-discriminacion-de-las-mujeres-con-problemas-de-salud-mental