Entidade declarada de utilidade pública

PISOS PROTEXIDOS

Alume abríu o seu primeiro piso protexido en 2001. Na actualidade contamos con catro pisos, aínda que un deles ten unhas características especiais, pois se trata dun recurso destinado á protección de mulleres vítimas de violencia de xénero que padezan enfermidade mental, e conta cunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade e a Unión Europea.

Os outros tres dispositivos están incluidos no Concerto coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A enfermidade mental soe ter aparellados problemas de convivencia, ata o punto, nalgúns casos, de que resulta moi difícil a vida coa familia. Noutros casos, a perda de habilidades da vida diaria dificulta ou impide a vida en solitario. Pero tamén en moitos casos, se a persoa conta cun apoio axeitado poderá chegar a desenvolverse en acadar unha certa autonomía e, pouco a pouco, a autonomía plena.