Entidade declarada de utilidade pública

PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

En ALUME SAÚDE MENTAL  comezou o 29 de setembro e durante 7 meses un programa de Emprego Xuvenil co obxectivo de DAR A COÑECER O COLECTIVO DE TRASTORNO MENTAL SEVERO AOS NOVOS PROFESIONAIS PARA DESESTIGMATIZAR SOBRE A ENFERMIDADE MENTAL.
Levámolo a cabo mediante a contratación dunha monitora de educación e tempo libre a que se dotará de coñecementos e habilidades para que realice diversos traballos co colectivo actuando en procesos grupais, empleando técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre e organizando, dinamizando e avaliando actividades.

Co programa pretendemos acadar resultados tales como formar ao profesional xuvenil sobre temas e tareas relacionadas co trastorno mental severo e sobretodo, loitar contra o estigma da enfermidade mental.

Tamén é obxecto do programa mellorar a empregabilidade da traballadora participante.

Este programa é posible mediante a financiación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e a cofinanciación da Unión Europea mediante a orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do Programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia .

Con esta axuda dende a Consellería buscan mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas, que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, de dezaoito ou máis anos e ata 30, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten as persoas participantes a realización dun traballo efectivo que procure a práctica profesional necesaria para a integración sostible no mercado de traballo.

(Programa cofinanciado pola UNIÓN EUROPEA)