Entidade declarada de utilidade pública

Socios de Honra

O artigo 27 dos Estatutos de Alume contemplan a posibilidade de que a Xunta Directiva nomee membros honoríficos ás persoas ou institucións que considere oportuno, sen que tal nomeamento carrete a condición xurídica de socio. Dende o ano 2011, a Xunta Directiva adoptou a costume de facer un nomeamento de socio de honra a unha persoa ou entidade que se destacase na defensa dos dereitos das persoas con enfermidade mental e na loita pola saúde mental. Este recoñecemento faise anualmente con ocasión do Día Mundial da Saúde Mental, o 10 de outubro.

A nómina de membros honoríficos de Alume é a seguinte:

Club Monte PenaRubia
10/10/2016

Polo seu apoio e colaboración na rehabilitación de persoas con trastorno mental severo.

Dolores Osorio Linares, psicóloga.
10/10/2015

Nomeamento a título póstumo, con ocasión do vinte aniversario de Alume, como xeito de recoñecer unha figura senlleira na historia da asociación.

Hostal Porta de Santiago
10/10/2014

Pola atención especial que nese establecemento reciben usuarios de Alume e de outras institucións que precisaron nalgún momento de aloxamento, manutención ou simplemente acougo.

Limpiezas Novoa, SL
10/10/2013

Pola súa colaboración continuada na inserción laboral e social de persoas con trastorno mental severo.

Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados (UDP)
10/10/2012

Polo apoio dos seus voluntarios en beneficio das persoas con doenza mental e na loita contra o estigma desta enfermidade.

Elena Gato Gómez, psiquiatra
10/10/2011

Pola súa valiente e enérxica defensa da dignidade das persoas con enfermidade mental