0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Alume Lugo e Guitiriz celebrou a súa festa de Nadal

As festas son sempre motivo de ledicia en Alume, especialmente a do Nadal. Sen dúbida contribúe a elo a vitalidade que cobran as rúas nestes días, co movemento de xente, a iluminación, as decoracións dos escaparates…. Pero sobre todo o que acontece na nosa sé, ambientada para esta celebración cunha cálida decoración, inflúe de xeito especial no ánimo dos usuarios.

Despois de moitos días de preparativos por parte das monitoras, voluntarios e usuaios, chegou a data esperada. Pola mañá a xornada sería casi normal, a non ser pola actividade da cociña e o arrecendo a tortilla, ao que non había nariz nin estómago que se resistira.

O acondicionamento do local, coa disposición das mesas e a liberación do espazo disposto para o balie, os xogos, o  karaoke, as actuacións humorísticas e, como non, o concerto de panxoliñas, ocupou a monitores e usuarios. O traballo tivo a súa compensación pola tardiña, cando se abriron as portas para a xuntanza, que un ano máis foi motivo de reencontros entre os nosos usuarios e monitores de Alume de Lugo e Guitiriz.

Uns e outros caracterizárronse para a festa con gorros de Nadal, incribles gafas de purpurina e toda sorte de artiluxios para ambientar a celebración, na que non podían faltar os volutarios, que tanto aportan ás vidas de todos nós coa súa dedicación.

A merenda, como sempre, foi estupenda, especialmente as lambetadas que non faltan nestas datas. Na festa respirábase ledicia, bo humor e moita camaradeiría, ingredientes imprescindibles, sempre, nesta cociña de vida.

Noticias relacionadas