Alume Saúde Mental rematou a campaña #Lugocontraelestigma despois de acadar unha importante difusión nas redes socias tumblr.com, nas dúas direccións de facebook da nosa entidade e en twiter. O alcance da iniciativa só ao través de facebook Alume Saúde Mental chegou a máis de 11.300 persoas. Nesta mesma rede, así como en twitter o grao de aceptación (me gusta) e de comentarios foi moi elevado.
Máis de 200 persoas, pertencentes a tódolos ámbitos da sociedade, cederon as súas imaxes e mensaxes para apoiar unha campaña ambiciosa (#Lugocontraelestigma inscribese nunha iniciativa de ámbito nacional) que tivo como obxectivo a reivindicación dos dereitos das persoas con trastorno mental servero e a loita contra esa lacra que representa o estigma asociado á enfermidade mental. Un muro invisible, e como tal, moito máis difícil de derribar que as barreiras físicas. Por desgraza, non hai ferramenta nin máquina capaz de penetrar na fábrica dos perxuízos, da ignorancia e outros monstros que acubilla no seu interior máis íntimo unha gran parte da sociedade….
A campaña que agora remata serviu para visibilizar a situación na que se atopan centos de persoas de tódalas idades que padecen trastorno mental, un tipo de doenza cuxa incidencia epidemiolóxica vai en aumento, xa que os recursos e o interese por tratar de revertir esta situación evolucionan en sentido inverso.
A reivindicación dunha sanidade inclusiva foi, asimesmo, un cabalo de batalla desta campaña que arricou na primaveira do 2014, co inestimable apoio do actor Gabino Diego, quen apadrinou a súa presentación, cun importante impacto mediático nos medios de comunicación locais e rexionais.
A resposta das asociación de peroas con diversideade funcional foi total. Directivos, persoal e usuarios de tódalas entidades lucenses pertencentes ao terceiro sector volcáronse con Alume nesta campaña, coa que se sentiron identificados. Políticos, deportistas, xornalistas, escritores, estudiantes, músicos, pintores, cineastas, xentes do mundo do ensino e a cidadanía en xeral, manifestáronse coas suas mensaxes #contraelestigma.
Uns e outros fixeron chegar a súas adhesións ao través de diversos medios e desde lugares tan distantes como Arxentina, por citar algún dos casos de paticipación internacional.
OS MÁIS VOTADOS
Persoas como Juan Gude, director de Cogami, encabezan o ránking de popularidade nas redes sociais chegando a nada menos que 773 persoas, mentres que Manuel, coa súa frase Todos temos a mensma química, fixo que o situaran na segunda posición. Quique Setién, o anterior adestrador de CD Lugo, e o exporteiro do Real Madrid, Diego López ( actual gardameta do AC Milan), prestaron tamén a súa imaxe á campaña, cun importante seguemento.
Asimesmo, fixeron a súa aportacion a esta iniciativa o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o exalcalde de Lugo, José López Orozco; a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, entre outros representants da política local, provincial e autonómica. O mundo da comunicación estivo representado, entre outros xornalistas lucenses, polo director xeral do diario El Progreso, José de Cora.
Ademais, Contribuíron a darlle pulo á campaña artistas con recoñecemento internacional, como o lucense Antonio Murado; directores de cine consagrados, como Imanol Uribe, ou noveis, como Leticia Dolera; actores e actrices como Javier Gutiérrez (Sátur, en Águila Roja) , Antonio Zabálburu (o doutor Sotomayor na serie Hospital Central), Fátima Baeza (a súa compañeira de serie) e María Casal, entre outras persoaxes populares do mundo do celuloide.
Desde Alume queremos agradecer a solidariedade de cantas persoas participaron e apoiaron a campaña Lugo#contraelestigma, pola súa contribución desinteresada á normalización dun colectivo moito máis numeroso do que figuran nas estatísticas oficiais.