A Unión de Asociacións Locais UDP de Lugo, A Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME) e o Centro de Día Arroupar colaboraron na realización dun Recital de Pandeiretas, unha mostra de traballo conxunto entre tres entidades sociais da cidade de Lugo.
A xornada tiña como obxectivos demostrar a colaboración efectiva entre entidades sociais, dinamizar as persoas maiores, usuarias do Centro de Día e recoñecer a importancia da integración dos enfermos mentais na sociedade. Todo elo cumpríuse e ademáis tanto os músicos como o público e colaboradores pasaron unha tarde agradable e festiva. Foi o día 16 de xuño, no centro de día Arroupar, que acolleu este Recital ofrecido polos usuarios do Centro de ALUME, que á súa vez foron formados por voluntarias da UDP Lugo.