ALUME celebra este luns, 10 de outubro, o Día Mudial da Saúde Mental. A coincidencia desta data coas Festas de San Froilán levou á Asociación hai anos a unir os dous motivos e conmemoralos cunha pulpada que este ano tivo lugar no restaurante Abrente (Carril das Frores) a mediodía.
A psiquiatra Elena Gato, nomeada socia de honra 2011 Para esta ocasión hai ademáis varias novidades: o nomeamento como socios de honra das persoas ou persoa que no último ano se distinguiran de xeito especial polo seu apoio á Asociación ou ós obxectivos da mesma. Nese sentido, a Xunta Directiva de ALUME decidíu nomear socia de honra en 2011 á psiquiatra Elena Gato Gómez, «pola súa valiente e enérxica defensa da dignidade das persoas con enfermidade mental», segundo recolle a Acta na que se acordou o nomeamento. Publicación do catálogo productos Ademais, este luns a páxina web de ALUME, www.alume.org, estrea o catálogo de productos realizados nos obradoiros da Asociación, un espazo que proximamente estará destinado á venda electrónica. Artigos en coiro, cerámica, cestería, FIMO producidos artesanalmente nos obradoiros da asociación, como parte do esforzo de rehabilitación socio-laboral, xa se están a vender en pequenas feiras e mercados locais, algúns con grande éxito, e a Asociación pretende que agora Internet axude no coñecemento das habilidades dos usuarios e na medida do posible, a cubrir o orzamento da Asociación, que está a sufrir os efectos dos recortes nas administracións e no sector privado derivados da crise económica. Enfronta o reto: colabora na mellora da saúde mental ALUME fundouse en 1995, dous anos despois abríu o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Lugo, e no ano 2005, o de Guitiriz. Entrambos atenden hoxendía a uns oitenta usuarios. A partires do CRPL de Lugo organízanse outros servizos como o de atención domiciliaria, e préstase apoio ós catro pisos tutelados. Todos estes servizos mantéñense mediante convenio coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e contan con apoio económico de outras entidades públicas e privadas. En 2011 Alume incorporouse ó PAIEM, un programa de atención integral en enfermidade mantal no ámbito penitenciario, nos dous centros da provincia, en Bonxe e Monterroso. As personas con enfermidade mental e os seus familiares empregamos o Día Mundial da Saúde Mental para reclamar que os transtornos mentais podan considerarse como o que son, unha enfermidade máis, que precisa de tratamentos e apoios, pero que non debe impedir unha integración plena na sociedade. No noso día a día vemos que malia os avances que se produciron nos últimos anos, persisten prexuízos moi arraigados que provocan a exclusión de persoas diagnosticadas cun trastorno mental. Por ese motivo queremos facer chegar o lema que FEAFES, a confederación de asociacións á que pertence ALUME, escolleu para este ano, «Enfronta o reto: colabora na mellora da saúde mental». Porque todos -responsables políticos, empresarios, profesionais socio-sanitarios, educadores, ou simplemente como veciños- somos necesarios para cumprir ese obxectivo.