0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Alume apoia o proxecto lucense de odontoloxía social e solidaria

O presidente de Alume, Manuel Fernández Prado, participou o pasado 15 de febreiro na presentación da clínica dental solidaria que proxecta o colexio de odontólogos de Lugo, coincidindo coa festividade de Santa Apolonia, a súa patrona.

O Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo presentou, o pasado 15 de febreiro, un proxecto de odontoloxía social e solidaria no marco do cal contemplan a apertura dunha clínica para persoas con poucos recursos ou sen recursos. Coincidindo co día da súa patroa, Santa Apolonia, o presidente dos odontólogos lucenses, Alejandro López Quiroga, presentou esta “clínica dental solidaria”, un dos proxectos “máis ambiciosos e de maior calado social” que porán en marcha este ano. Segundo sinalou Quiroga, o proxecto xurdiu ao observar os “déficits que presenta o sistema público de saúde” e tamén a situación na que se atopan moitas familias da provincia. Segundo o Colexio de Odontólogos, a clínica poderá abrir as súas portas grazas ao apoio das “institucións, asociacións e profesionais lucenses”. Ao acto tamén asistiu a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e representantes de varias entidades sociais da cidade, que apoiaron a iniciativa. Entre estas persoas, tamén se encontraba o noso presidente, Manuel Fernández Prado, quen destacou o valor social de iniciativas deste tipo, tamén cando, ademais, se dirixen ás persoas usuarias de entidades do Terceiro Sector da cidade, como as persoas usuarias de Alume. Tamén houbo, no acto, representación de entidades como Aspnais, Cáritas ou Unicef. {Na imaxe, algúns dos convidados á presentación da iniciativa solidaria do Colexio de Odontólogos, charlando, de entre eles, o presidente de Alume. A fotografía foi publicada por [El Progreso] o pasado 15 de febreiro, e é da autoría de Sebas Senande}

Noticias relacionadas