Temos, desde xa, en horario de 11h00 a 21h00, un posto propio colocado na Ronda das Fontiñas, na Feira Medieval. Alí estaremos, desde hoxe venres até o domingo. Vide vernos se queredes ver e mercar os novos produtos da tempada primavera-verán, feitos nos talleres de rehabilitación laboral de Alume.
Desde hoxe, venres, e até o domingo, en horario de 11h00 a 21h00, poderás atoparnos no noso posto, situado na Ronda das Fontiñas, na Feira Medieval. Estamos xusto en fronte do supermercado Froiz, e temos, coma sempre, produtos moi chulos, feitos polas persoas usuarias de Alume nos talleres de rehabilitación laboral da asociación. Hai, desde produtos de coiro (carteiras, chaveiros, fundas de móbil…), xoias de arame (aneis, colgantes, pulseiras, broches), produtos de cerámica (salva-manteis, incensarios, tres en raia, cinseiros…), cestaría, etc. E moitas cousas son novidades da tempada primavera-verán en Alume, como os novos incensarios de cerámica, os aneis e pendentes con pedra, e novas carteiras de diversos tamaños… Non hai dúas distintas! Tamén aceptamos encargas. Aquí podedes ver unha mostra dos produtos que levamos, cando estaban a ser terminados, nestas semanas de intenso traballo en Alume: {Fotografías de produtos para a Feira Medieval de Fontiñas}.