0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Alume recibe un doativo da carreira solidaria Cervantes

O colexio Cervantes acolleu a entrega de doativos recaudados na carreira solidaria Cervantes, que este centro educativo lucense organiza anualmente. Nesta ocasión o importe das inscripcións nas distintas categorías que tomaron parte no evento deportivo foi entregado ás asociacións Alume e Cogami, cuxos usuarios participaron por vez primeira na competición, ao establecerse unha nova categoría para persoas con diversidade funcional.

Os doativos foron recollidos por Manuel Fernández, presidente de Alume, e polo director de Cogami, Juan Gude. A entrega estivo a cargo do director do colexio e representantes das entidades que colaboraron na iniciativa: o Clube Penarubia Running e o colexio Divina Pastora, que se encargou da elaboración das camisetas que lucían os participantes, cos logos das entidades colaboradoras. Ademáis dos doativos, os deportistas de Alume e Cogami recibiron agasallos confeccionados polos alumnos do Colexio Cervantes, consistentes en cestas feitas a man cheas de doces.

Noticias relacionadas