0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Unha fuxida ao mar

 

Mostrando PA180020.JPG

Nada mellor que unha viaxe para rachar coa monotonía. Sobre todo cando é a primeira vez que se ten oportunidade de  facelo, como era o caso dalgún de nós.  A que fixemos a pasada fin de semana varios usuarios de Alume a Hío foi toda unha experiencia. É unha parroquia preciosa do municipio de Cangas do Morrazo (Pontevedra), onde temos a sorte de dispor dun chalé que Feafes pon a disposición de tódalas asociacións galegas que nos atopamos baixo o seu paraugas.

 

Alí, ademáis dunha estadía estupenda, puxémonos as botas coa churascada e os langotinos a plancha que preparaon as monitoras na barbacoa da casa.

O sitio é oi fermoso: A casa, os arredores e sobre todo a praia encantounos a todos. Chegamos o venres pola mañá e despois de xantar, xa estabamos collendo camiño para Cangas, un pobo precioso, con moita vida e historia. Alí fixemos un roteiro turístico do máis interesante polo centro da vila.Chamounos moito a atención o conxunto escultórico dedicado a José Lage, un emigrante que fixo as Américas, convertíndose no benefactor da terra que o vira nacer. ¡Canto lle debe este pobo!. Así lle fixeron unha estatua tan bonita…

Ademais do cruceiro dedicado ao apóstolo Santiago, quedamos impresionados coa imaxe e a histoia do Cristo que non quixo arder, cando as lapas asolaron a que foi Colexiata de Santiago. Alí tamén se venera ao Cristo do Consuelo, moi querido pola fegresía. O bo tempo puxo a guinda a un día estupendo que nos permitíu gozar das terraciñas e do ambiente desta vila mariñeira.

O sábado marchamos a Moaña, onde visitamos o que debe ser o mercado máis grande de Galicia. No parque, aproveitamos a tirolina para pasar un bo rato. Animados polo tempo, baixamos á praia, e, aínda que ninguén foi quen de mergullarse nas frías augas do Atlántico, animámonos a xogar un partido. Claro que como eramos poucos non faciamos máis que correr dun lado a outro. De xeito que resolvemos o problema aos penaltis. Do resultado non falaremos….

Pola tardiña, en Bueu visitamos o museo dos Masó, onde se pode ver e tocar a historia da que foi unha importantísima conserveira galega.

O último día descubrimos Combarro. !Que fermosura de pobo!. Os hórreos, as casiñas miando ao mar, o peirao…  Xa pola tarde, despois de xantar, visitamos o casco antigo de Pontevedra, moi ben coidado, por certo. Tamén boyamos unha ollada á ría para levar nas nosas retinas a fermosura do mar.

Por certo, ¡en novembro VOLVEMOS!

Noticias relacionadas