0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

A nosa historia en imaxes

 

IMG_0019IMG_0022

 

Na nosa sé de Alume estamos encantados coa mostra fotográfica permanente que recolle os vinte anos de andaina da nosa asociación. Trátase dun recopilatorio de preto de medio cento de imaxes que dan testemuña dos primeiros pasos deste proxecto, xa consolidado, xurdido da necesidade de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade metal. Familiares e profesionais bos e xenerosos, como a finada Dolores Osorio, a primeira presidenta dá entidade _excelente psicóloga e mellor persoa_, comezaron entón unha loita que, pouco a pouco, foi dando os seus froitos.

Para os que protagonizamos a hsitoria de Alume desde os seus comezos, as imaxes espertan sentimentos de añoranza e fachenda por tódolos logros acadados: O cambio de sé: o pisiño pequeno, despois o chalé, ata as actuais ubicacións de Nicomedes Pastor Díaz, en Lugo, e do centro de Alume en Guitiriz. Os pisos tutelados que nos dan autonomía persoal e independencia, os obradoiros terapéuticos e de formación prelaboral, a brigada de xardiñeiria, as viaxes de estudos e de lecer, as visitas culturais, as competicións deportivas, e como non, as festas que tanto nos gustan: Nadal, o Entroido, a pulpada de outubro…

De todo canto facemos dan fe os retratos, onde tamen percibimos os cambios na nosa fisonomía e na de cantos nos acompañan na nosa andaina :directivos, equipo profesional, os voluntarios… Todos gañamos como os bos caldos. ¡Estamos encantados!.

 

 

 

Noticias relacionadas