0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Cita coa pintura de Murado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Usuarios de Alume asistiron a inauguración da mostra Intimidade abstraída, do pintor lucense Antonio Murado, presente nese día na sala da Fundación. Os asistentes tiveron ocasión de gozar dunha serie composta por máis dun cento de obras, nas que o máis internacional dos pintores da nosa terra revisa temas omnipresentes no seu universo pictótrico: a paisaxe, a historia, a memoria…

A aportación más novidosa, sen embargo, é a incursión de Murado no campo do retrato, utilizado como base a fotografía (de familiares e amigos) para o seu posterior tratamento sobre o lenzo, alterada e combinda con outros elementos. Esta nova forma expresiva foi a que máis chamou a atención dos visitantes, que asistiron á mostra acompañado por monitoras de Alume.

 Todos gozaron coa pequena charla que mantiveron co artista.  Antonio Murado atendeunos con moito agarimo, lembrando, entre outras cousas, a entrevista realizada polo equipo de redacción de Alumiña, a revista que editamos na nosa asociación con periodicidade anual.

Noticias relacionadas