0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Non foi un mal ano

O ano 15 do século XXI non foi malo para Alume Saúde Mental Lugo e Guitiriz. Malia os problemas polos que están a pasar tódalas ONGs por mor dos recortes económicos derivados dunha crise que non cesa, cando menos para os sectores menos favorecidos da sociedade, o certo é que o traballo de directivos, do equipo profesional e dos voluntarios deu os seus froitos.

Entre as cuestións máis significativas, salienta a organización do XX aniversario da fundación de Alume. ¡Xa son aniños!. Sábeno ben os que están a pe de obra desde os seus comezos, aínda que haxa notables ausencias, como a de Dolores Osorio, a primeira directora   e motor de arranque de Alume, á que seguimos a votar en falta.

Tamén cambiamos o nome da asociación, que agora chámase Alume Saúde Mental; estreamos páxina web e vídeo promocional, acadamos algúns premios deportivos e culturais, viaxamos a sitios marabillosos dentro do programa de ocio, e realizamos saídas de estudos do máis interesante. Ademáis, asistimos a canto acontecemento cultural de interese tivo lugar en Lugo, participamos en campañas solidararias e, como non, celebramos tódalas festas que marca o calendario, sempre con moita ledicia.

Todo iso, sen esquecer a campañana contra o estigma, na que participaron centos de persoas de ben de tódolos sectores, incluído o artistico. Nomes como Gabino Diego, Imanol Uribe, Javier Gutiérrez, María Casal, Fátima Baeza ou Antonio Zabálburo, entre outros, tamén quixeron deixar a súa testemuña contra ese muro intanxible da ignorancia e da insolidariedade humana que tanto custa derrubar.

Non por cotiá hai que deixar de salientar o traballo que se fai a diario nos obradoirios terapéuticos e de formación prelaboral de Alume, nin os que desenvolve a  brigada de xardineiría e, por suposto, o dos  programas Paiem, de atención a internos con enfermidade mental nos cárceres de Bonxe e Monterroso, e Espertar, de atención apersoas sen tenito con trastrno mental severo.

Ademáis, temos que celebrar o logro de dúas insercións laborais estables, que esperamos que neste ano que comeza se multipliquen por moitas máis. O balance non é malo. Así, Alume saúda o novo ano cunha morea de proxectos en carteira, entre outros o próximo cambio de sé que todos agardamos con moita ilusión.

 

 

Noticias relacionadas