0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Alume, protagonista en Mi gramo de locura

 

O presidente e usuarios de Alume, en representación de Feafes, participaron na gravación do programa Mi gramo de locura  (O meu gramo de tolemia), unha iniciativa posta en marcha en colaboración con Radio Nacional de España, Radio 5 Todo Noticias, para dar a coñecer á cidadanía o traballo das entidades membro da rede de asociacións de Saúde Mental España.

As intervencións estiveron a cargo de Manuel Fernández Prado, presideante de Alume e vicepresidente de Feafes, e dos usuarios Marcos Prado e Jesús Lustres, que relataron a súa experiencia en Alume. Pola sua banda, Fernández Prado referiuse  á traxectoria de Alume (que conmemora este ano o seu vixéximo aniversario), os problemas de intervención cos que se atopa a entidade e ás perspectivas de futuro.  No estudio lucense tamén estivo presente a directora de Alume Saúde Mental, Ana Regueira.

En cada programa, o xornalista José Manuel Cámara entrevista a varios membros de cada entidade. A través das súas testemuñas, vanse debullando os obxectivos e as reivindicacións do movemento asociativo de persoas con enfermidade mental e familiares, agrupado na Confederación Saúden Mental España, así como as iniciativas postas en marcha polas entidades para lograr a súa consecución.

O programa realizado en Lugo emitirase o  xoves, 31 de marzo, seguindo a dinámica da cadea pública, que estrea cada xoves un novo programa de Mi gramo de locura, ás 12.37.  Posteriormente emitirase ás 01:52 na madrugada do xoves ao venres. Ademais, tódolos programas estarán dispoñibles na páxina web de Radio Televisión Española.

O ente público cede este espazo ás entidades integradas en Saúde Mental España para servirlles de altofalante e contribuír así a que as persoas con problemas de saúde mental sexan cidadáns independentes e de pleno dereito. Mi gramo de locura nace coa intención de dar voz ás case 300 entidades que conforman o movemento asociativo.

Noticias relacionadas