Alume está de estrea. Gracias á axuda económica da Deputación Provincial, a nosa entidade dispón dun novo vehículo para a realización das súas actividades. Trátase dunha furgoneta multiusos de varias prazas, que foi presentada diante do Pazo de San Marcos con gran satisfacción por parte dos profesionais e dos usuarios de Alume Saúde Mental que non quixeron perderse tan grato acontecemento. A furgoneta vén ás mil marabillas para a realización das tarefas relacionadas coa brigada de xardinaría, así como para os desprazamentos que se levan a cabo ao longo do ano, dentro da programación de ocio.