0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Asamblea extraordinaria o día 28 de xaneiro

Convócase asamblea extraordinaria para o mércores, 28 de xaneiro, que dará comezo ás 19:00 horas en primeira convocatoria e, no caso de non se reunir o mínimo número de socios, ás 19:30 horas cos socios que estean presentes, para tratar a modificación dos estatutos nos seus artigos 1 e 7.

ORDE DO DÍA 1.- Lectura e aprobación, se proceda, da acta da sesión anterior. 2.- Modificación dos estatutos. Redación actual artigo 1: Coa denominación «Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais» constituíuse en novembro de 1995 a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais, coñecida polo acrónimo «ALUME», que se rexerá pola Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo e normas complementarias, con capacidade xurídica plena e capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro. Proposta de redación do artigo 1: Os presentes estatutos corresponden á asociación denominada «ALUME Saúde Mental», tamén coñecida por «ALUME», que se rexerá pola Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo e normas complementarias, con capacidade xurídica plena e capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro. Redación actual artigo 7 (parte inicial) ALUME será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e cinco vocais. Proposta de redación artigo 7 (inicio): ALUME será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e os vocais que decida a Asamblea Xeral, cun máximo de cinco. En Lugo, a 17 de xaneiro de 2015

Noticias relacionadas