0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

En Alume facemos memoria: 12 meses traballando pola saúde mental

Presentamos a Memoria de Actividades de 2013 da nosa asociación, na que vos contamos, polo miúdo, cada un dos proxectos e iniciativas nas que participamos o ano pasado.

Aproveitamos a ocasión de facer memoria, para facer tamén un exercicio de transparencia. Na Memoria 2013 de Alume atoparedes, tamén, unha rendición de contas do exercicio pasado, ademais dunha descrición de todas e cada unha das intervencións que realizou a nosa asociación ao longo de 2013. Tamén encontraredes un resumo de todas as actividades que realizamos, desde os talleres até as actividades deportivas ou de lecer e tempo libre, así como unha selección das principais noticias que publicaron os medios de comunicación sobre a nosa asociación. Nesta ligazón podedes descargar a [Memoria de Actividades 2013 de Alume], e na parte esquerda da interface principal desta páxina podedes acceder tamén e ela, así como ás Memorias dos anos anteriores. Ademais, na marxe esquerda desta información, podedes ver a súa portada, moi acaída para o ano chuvioso que hai nada deixamos atrás.

Noticias relacionadas