0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Feito a man

A capacidade terapéuica das manualidades está fóra de toda dúbida. É unha porta aberta á creatividade, polo que comporta un compoñente lúdico importante. A satisfacción que implica a execución dun traballo, cun resultado estéticamente agradable é sempre motivador. Pero sobre todo é una maneira divertida e relaxante de empregar o tempo. Ademáis, permite adquirir ou recuperar certas habilidades importantes para o desenvolvemento das persoas no seu día a día.

En calquera das súas manifestacións os traballos manuais esixen atención e concentración. Tamén contrubúen a desenvolver a piscomotricidade fina. Pero non tódas las actividades serven para todos. De ahí a amplia e variada oferta de de Alume Lugo e Guitiriz, coa que desde a asociación tratamos de dar resposta ás capacidades creativas dos usuarios, sempre en función das súas preferencias e habilidades.

SEN TENSIÓN

Pintura sobre lenzo, cerámica, coiro e pel, fabricación de bolsas de agasallo, confección de flores, bisutería en arame, material de escritorio, cestería, estampacións en tea, etc., son algúns dos obradoiros nos que participan os usuarios dos nosos centros ocupacionais de Lugo e Guitiriz.
En todos eles percíbese un ambiente relaxado e agradable.
No de mandalas, por exemplo, a cromoterapia e a musicoterapia converxen nun doble obxectivo creativo e sanador. A música, cun fondo de sons de auga, e o caleidoscopio de cores cos que se compoñen as figuras, espertan a sensibilidade e o benestar entre os seus creadores. Ísto é algo que se percibe cunha ollada atenta ao labor que están a realizar.
Estas actividades están a cargo de monitoras, ademáis de persoal voluntario, sempre moi xeneroso e entregado á nosa causa, que goza dedicando parte do seu o seu tempo, por exemplo, a iniciar aos usuarios nos rudimentos da costura, entre outras habilidades de tipo manual, cuxa aprendizase contribúe a acadar un maior grao de independencia na súa vida diaria.
Sen excepción, as clases lévanse a cabo nun ambiente totalmente distendido, que contribúe a eliminar tensións, un dos escollos que dificultan a consecución do equilibrio emocional e, polo tanto, calquera tipo de avance.

RENDIBILIDADE TERAPÉUTICA

Ademais da produción propia, nos obradoiros de Alume fánse encargos realizados por particulares (agasallos para eventos, vodas, etc.) e empresas, que, deste xeito, colaboran con nós, espallando o bo facer de cantos poñen a súa creatividade á disposición da xente.
A variada gama de traballo que sae dos nosos obradoiros comercialízase, sobre todo, a través de mercadiños solidarios, como Diversiarte (que está a piques de celebrarse),San Froilán, etc., e tamén na propia sé de Alume. Os prezos son moi asequibles, xa que a finalidade que se persegue non é a rendibilidade económica, senón a terapéutia e rehabilitadora.
Os ingresos que se acadan por medio desta produción artesanal destínanse a contribuír ao mantemento da nosa actividade.

Noticias relacionadas