En pleno verán de San Martiño, un novo grupo de usuarios e monitoras dos centros de Alume de Lugo e Guitiriz participaron na segunda excursión a Hío, organizada pola nosa entidade, dentro do seu programa de lecer.
O itinerario variou pocuco con respecto á recente estadía do primeiro grupo nesta pequena vila mariñeira de Cangas, cabeceira de comarca da fermosa península do Morazo (Pontevedra).
Novamente, o chalé que Feafes pon a disposición das asociacións galegas pertencentes a esta federación acolleu durante a pasada fin de semana ao novo grupo de hóspedes.
Para non perder o tempo, además de coñecer o contorno inmediato, o grupo viaxou a Cangas, para xantar e empregar a tarde en coñecer os lugares máis representativos da vila, de cuxo importante pasado histórico dan testemuña monumentos como a ex colexiata e a fonte de Santiago, na rúa Real, ou as esculturas de Asorey e Piñeiro, entre outras moitas.
Como novidade salienta unha pequena excursión a o monte do Facho, un mirador natural con marabillosas vistas sobre o mar e importantes restos arqueolóxicos dun castro fortificado. Un atractivo roteiro de sendeirismo invitaba ao percorrido, pero o tempo no daba para máis. Xa se sabe que nesta época escurece cedo.
Moaña foi o destino do sábado. A visita comezou polo mercado máis grande de Galicia (tanto polas dimensións das súas naves como pola actividade que alí se desenvolve) e unha visita ao museo Masó, da antiga conserveira.
Ademais, percorreron o renovado paseo marítimo, con parada e a foto de rigor ao carón do xigantesco Neptuno de pedra que mira ao mar (o fisgón), e como non, un paseo pola praia, na que algún valente, como Marcos, non dubidou en mergullarse nas auga. Outros conformáronse con mollar os pes.Non faltou nesta ocasión a tradicional velada nouturna, con parrillada ao aire libre e, sobre todo, moita festa.
COMBARRO
A visita a Combarro, a vila mariñeira cuxo casco antigo mereceu a declaración de conxunto histórico pola súa magnífica arquitetura popular dos séculos XVII e XVIII (as casas mariñeiras e os hórreos), ocupou toda a mañá do domingo. Logo de xantar, o grupo de alume empregou a tarde en pasear por Pontevedra, a capital desta paradisíaca provincia galega, ata que chegou a hora de subir ao autobús, non sen certa nostalxia, por certo. A que se sente cando se deixa atrás unha experiencia tan fermosa preto do mar.