0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

IV Campionato de Pingpong pola saúde mental

O membro de Alume Marcos Prado foi o gañador do IV Campionato Galego de Pingpong pola saúde mental, celebrado en Lugo este venres, 16 de setembro.
No torneo, promovido por FEAFES Galicia, participaron un total de 41 persoas con enfermidade mental procedentes de toda Galicia.

O obxectivo do encontro é promover a actividade física entre as persoas con enfermidade mental e fomentar a práctica de ocio normalizado.

O Clube de Tenis de Mesa Dez Portas asumíu o peso da organización e aportou todo o material. O evento contou tamén coa colaboración do Concello de Lugo, que cedeu as instalacións municipais da Casa do Deporte, e de Panadería Ousá e Estrella Galicia.

Descargar nota de prensa

Entrega premios IV Campionato Pingpong
Marcos Prado recibe o premio de mans do xogador do Clube Dez Portas Adrián Maside

 

Xogadores de Alume, tamén gañador por equipos.
Xogadores de Alume, tamén gañador por equipos.

 

Nicolás Rey, de Portanova (Narón), segundo clasificado.
Nicolás Rey, de Portanova (Narón), segundo clasificado.

 

Jesús, terceiro clasificado, tamén é membro de Alume.
Jesús, terceiro clasificado, tamén é membro de Alume.
Un momento do partido final
Un momento do partido final

Noticias relacionadas