0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

O programa Espertar, protagonista de ‘A Revista’ de TVG

 

En Alume vivimos con auténtico entusiasmo a emisión de A Revista, un espazo matinal da TVG que estivo dedicado ao programa Espertar, o traballo que un equipo de Alume Saúde Mental está a realizar en Lugo entre as persoas con enfermidade mental severa que viven na rúa . O programa foi gravado cuhas semanas de antelación por un equipo do ente público galego.

O Espertar é unha iniciativa que naceu da man da Alume en Lugo, e que ten como obxectivo detectar e contactar con aquelas persoas sen teito que padecen unha enfermidade mental severa. A ninguén se lle escapa que o feio de vivir na rúa acentúa aínda máis a súa  patoloxía.

Contactar con estas persoas, unha tarefa que non está exenta de dificultade, e achegalas aos recursos sanitarios de psicoloxía e psiquiatría para que lles administren un tratamento axeitado a súa doenza é o pimeiro paso deste programa, que está en marcha dende o ano 2014.

Espertar veu a luz co apoio das fundacións Barrié e Roviralta. A segunda fase do programa, que presenta máis atrancos e dificultades, consiste no acompañamento dos usuarios e seguemento da súa evolución. Esta fase está pensada para ser levada a longo prazo e realízase grazas a financiación do FSE e da Xunta de Galicia mediante a súa Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

Ao remate da emisión todos aplaudimos con forza, non só polo ben realizado que estivo o prgrama, senon, e sobre todo, porque coñecimos de preto o magnífico labor que está a facer o equipo de profesionais de Alume con estas persoas, cuxas circunstancias sitúanas entre os colectivos sociais con maior grao de vulnerabilidade.

Noticias relacionadas