0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Rematamos o ano e rematamos o curso de xardinería

O día 30 de decembro remata o curso de xardinería que estivo a impartir a Asociación gracias á subvención aportada polo Servizo de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar.

Este curso levábase impartindo dende xaneiro de este ano e nel participaron cinco persoas que obterán un certificado asinado pola entidade e a Consellería. As actividades realizadas foron principalmente de tipo práctico e con elas buscábase acadar ou mellorar a inserción laboral dos usuarios. Os usuarios aprenderon a traballar e manter xardíns e valoran de forma moi positiva os resultados. Dende Alume tentamos potenciar as accións que melloran a empregabilidade deste colectivo, xa que as persoas con enfermidade mental son as que teñen unha taxa máis alta de desemprego. Gracias a este curso contribuíuse a mellorar tamén a imaxe do colectivo, demostrando as súas capacidades á hora de traballar.

Noticias relacionadas