0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

¡Nós tamén pintamos algo!

 

Alume recibíu o Premio Especial do Xurado do X Concurso Internacional de Fotografía sobre Discapacidade que convoca anualmente a Fundación Anade. Estamos moi satisfeitos, porque á presente edición do certame presentáronse  máis de 300 traballos procedentes de distintas comunidades do Estado. E moi bos por certo. Á inauguracion da mostra, que pode visitarse na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo ata o vindeiro día 13, asistiron o responsable de Cultura da Deputación Provincial, a concelleira de Benestar, a directora do Museo, os responsables de Anade, os membros do xurado e numerosos usuarios e monitoras de Alume, entre outros visitantes da mostra. Por parte de Alume, a encargada de recoller o premio foi Mónica López Vilar.

Alume presentou  unha vintena de fotogtafías baixo o título Nós tamén pintamos algo, que reflicten distintos aspectos das actividades que se desenvolven na nosa entidade. A calidade dos traballos foi recoñecida por un xurado integrado por expertos en fotografía e arte, que, ademais, valoraron a orixinalidade da presentación, feita sobre enmarcacións de papeis pintados sobre cartóns, un coidado traballo de atesanía feito con materiais de reciclaxe.

Noticias relacionadas