0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Usuarios de Alume visitaron varias ciudades lusas

Os usuarios de Alume que viaxaron a semana pasada a Portugal viñeron encantados, a pesares do tempo que, a dicir verdade, non foi moi bo anfitrión. Ao contrario que as sempre acolledoras xentes do país veciño. O sol deixouse ver pouco, moito menos que a choiva que impediú aparcar os paraugas. Ben é verdade que a máis de un veulle de marabilla nos longos percorridos que fixeron para velo e gozalo todo.
A viaxe, na que participaron máis de 60 persoas de diferentes asociacións integradas en Feafes, comezou pola visita a Oporto, unha cidade fermosa onde as haxa, cargada de historia, cruzada polo Douro e fermosos paseos por ámbalas dúas ribeiras, unidas pola ponte de ferro deseñada por Eiffel. A catedral, na parte alta; a torre do Clérigos, o palacio da Bolsa e a famosa libraría Lello e Irmao, así como a Estación e o mercado do Bolhao foron algúns dos lugares visitados, antes do reparador descanso nouturno.
Povoa de Varzin foi a segunda etapa da viaxe. A cidade sorprendeu aos visitantes coa Fortaleza de Nosa señora, construida para defender o porto dos ataques dos piratas que cruzaba o Atlántico. Preto dela atópase o casino e, oramentando a praza, unha fermosa escultura de Fernando Pessoa, considerado, xunto con camoes, un dos mellores poetas en lingua portuguesa .

Pero foi o encanto das rúas, as casas con fachadas de azulexos e o ambiente acolledor desta pequena vila o que a fai inesquecible.

Guimaraes, cuna e Portugal, co seu magnífico castelo construido no século X, entre outras marabillas, e Braga, famosa pola súa antiga universidade a súa espectacular boblioteca, completaron o itinerario dunha viaxe que resultou moi especial para os usuarios e a monitora de Alume. Por certo que, durante eses días, fartáronse de comer frango con arroz en tódalas preparacións posibles.

 portugal2portugal1

Noticias relacionadas