0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Voluntarios contra o estigma

Alume estivo presente a II Xornada de Voluntariado Universitario na USC.

Este ano 2021 a Universidade de Santiago conmemora os 25 anos do seu Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), orixinalmente denominado «Oficina de Voluntariado». No acto, celebrado o 25 de novembro, participou, xunto con outros representantes do terceiro sector de Galicia, a directora de Alume, Ana Regueira, para expor a importancia dunha colaboración deste tipo, na que Alume está involucrada dende 2009.

A aportación dos xoves que se achegan ata Alume coa intención de axudar e aprender é importante en si mesma: Traen ideas dende fóra, aportan unha visión persoal e tamén teñen unha formación e actitude que resultan de gran axuda como apoio ás actividades de rehabilitación desenvolvidas na asociación. Pero hai unha aportación intanxible que ten tanta ou máis importancia: Eles son os nosos mellores embaixadores contra o estigma da enfermidade mental.

Participar nas nosas actividades, aportando as súas habilidades permítelles reformular os prexuízos e achegarse a un colectivo que está estigmatizado por descoñecido. A presenza e colaboración dos mozos e mozas da USC que apostan pola participación social é unha experiencia moi enriquecedora para tódalas partes.

25 anos de voluntariado na USC

Noticias relacionadas