Un bo exemplo de iniciativas a importar en Lugo é o convenio asinado pola Deputación de Huelva e a Asociación de Síndrome de Asperger, polo que ambas entidades participan no programa de inserción laboral de mozas e mozos con discapacidade intelectual e enfermidade mental, Xuntos somos capaces, que promove Fundación MAPFRE desde 2010.
O acordo permitirá a unha persoa da devandita asociación realizar prácticas de dous meses no entre provincial, mediante unha bolsa de formación de MAPFRE, e recibir o apoio necesario de profesionais da citada asociación.
O programa Xuntos Somos Capaces fixo posible que máis de 2.900 empresas colaboren activamente con esta iniciativa, facilitando a formación de máis de 1.600 alumnos e a inserción de máis de 1.900 persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental, apoiando diferentes actuacións a favor das mesmas, tanto no ámbito laboral, como no da vivenda, a educación, a alimentación ou a saúde. ¡Parabéns a tódolos implicados nesta iniativa!