A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a unha nova edición do programa Tempos. Con este programa fomentarase en Alume a práctica de deporte.
Unha monitora será a encargada de por en marcha este programa na asociación os martes e xoves, dando continuidade así ao proxecto comezado o curso anterior por Balogal. Con este tipo de actividades preténdese fomentar a práctica de exercicio por parte dos usuarios e o abandono do sedentarismo.