A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, o delagado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a deputada provincial Mari Teijeiro asistiron hoxe a unha xuntanza co persoal técnico, persoas voluntarias e responsables da nosa asociación nas instalacións da entidade.
O encontro, serviu para analizar de forma conxunta o desenvolvemento de dous proxectos de formación do voluntariado financiados a través das Ordes de axuda pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, respectivamente.
Os proxectos financiados supuxeron un beneficio directo para as 63 persoas con enfermidade mental crónica que acoden de xeito habitual as nosas actividades programadas.
En Alume contamos co compromiso estable de 14 persoas voluntarias que aportan a súa labor con actividades tan variadas como lectoescritura, pandeireta e canto, costura, debate ou eliminación de estereotipos, entre outros moitos.
A directora e as voluntarias de lectoescritura, Adelina, Encarna, Ana Mª e Isabel, de eliminación de estereotipos, Talía, e o volutnario de debate, Rubénfalaron da labor desenvolvida ao longo deste ano.