0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Celebra o San Valentín con Alume

En Alume pensamos en tod@s vós, @s que aínda non pensastes que ides facer en San Valentín, ou que ides agasallar. Para isto segundo, lembrádevos das asociacións da vosa cidade, para facer un agasallo solidario. Aquí veñen algunhas ideas:

Falta pouco máis de unha semana para San Valentín, o día máis romántico do ano, segundo as grandes multinacionais e segundo calquera tenda da túa vila ou cidade. Xa hai corazóns vermellos en todos os escaparates para lembrarnos que é o momento de demostrarlle o noso amor á nosa persoa ou ás nosas persoas máis queridas. Sabemos que o ideal sería agasallar algo feito a man, con delicadeza e dedicación. Pero se non tedes moito tempo para facer os vosos propios detalles, en Alume pensamos en poñervos as cousas fáciles! Se nos vides visitar, poderedes escoller o agasallo que vos pareza máis lindo, feito polas persoas usuarias da nosa asociación. Poderedes escoller entre carteiras, fundas de móbiles, fundas para Tablet ou E-Books, chaveiros… de coiro; porta-candeas, incensarios, cuncas, baleira-petos, tres en raia, figuras, flores… de cerámica; pendetes, pulseiras, broches, colgantes… de arame; cestos, cestas e cestiños; ou bonecos e outros detalles en goma eva, etc… Temos unha exposición completa de detalles para calquera ocasión no noso centro en Lugo ({Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8, baixo, na parte máis alta da rúa, cara a Muralla}). Vide vernos, sen compromiso! [E se vas un chisco máis alá, pensa en nós tamén para a túa voda solidaria] A última fin de semana de xaneiro estivemos en ExpoBoda Lugo. Queremos aproveitar para agradecerlle á organización que nos teña convidado ao evento, e á xente que se achegou polo noso stand, e se interesou polos detalles que elaboramos nos nosos talleres para vodas, bautizos e comuñóns. Os detalles que facemos para este tipo de eventos tamén están expostos na nosa sede en Lugo, onde tamén poderedes coñecer as persoas que os fan, nos talleres ocupacionais de Alume.

Noticias relacionadas