Facelo Camiño foi moi gratificante porque supón unha oportunidade para a convivencia entre nós, para coñecer a outras persoas das entidades agrupadas na Federación Saúde Mental, porque rompemos en certa medida as rutinas diarias, o cal agradécese de cando en vez, e porque o exercicio físico moderado tamén revitaliza e levanta a autoestima.
O Camiño é un fenómeno recoñecido universalmente que temos a carón de nós. Participar igual que tantos milleiros de pelegríns da ledicia de chegar a Santiago polos nosos pés foi para todos os compañeiros unha experiencia moi estimulante.