0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Chegamos ó Obradoiro!

Seis compañeiros de Alume completaron en catro etapas ó longo de senllos venres consecutivos o percorrido entre Melide e Santiago, onde chegaron o 19 de novembro para cumpriren con todo o protocolo do bó pelegrín, incluida a foto de grupo diante na Praza do Obradoiro, diante da Catedral.

Facelo Camiño foi moi gratificante porque supón unha oportunidade para a convivencia entre nós, para coñecer a outras persoas das entidades agrupadas na Federación Saúde Mental, porque rompemos en certa medida as rutinas diarias, o cal agradécese de cando en vez, e porque o exercicio físico moderado tamén revitaliza e levanta a autoestima.

O Camiño é un fenómeno recoñecido universalmente que temos a carón de nós. Participar igual que tantos milleiros de pelegríns da ledicia de chegar a Santiago polos nosos pés foi para todos os compañeiros unha experiencia moi estimulante.

Noticias relacionadas