O ano 2011 supuxo unha gran mellora para a nosa asociación na materia dos equipamentos cos que contamos para formar e introducir aos nosos usuarios na materia das novas tecnoloxías e a Sociedade da Información, que abre un novo campo de traballo e ofrece un mundo de novas posibilidades á hora de obter información e participar con igualdade de condicións neste campo. O interese do proxecto focalizouse sobre todo na capacidade á hora de ofrecer a un grupo de exclusión social a oportunidade de formarse e expresarse a través da Rede. Con este proxecto perseguiuse polo tanto unha dobre función: formación e integración social. O proxecto contou con financiación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Descargar Memoria do programa Doble click na realidade