0,00 EUR

No hay productos en el carrito.

Unha viaxe para a lembanza

Usuarios de Alume Lugo e Guitiriz regresaron encantados da viaxe que fixeron a Ibiza dentro do programa anual de vacacións do Inserso, que organiza Feafes. Un total de nove asociacións galegas, beneficiáronse desta iniciativa.

A viaxe a Ibiza realizada por un grupo de usuarios de Alume, en avión, foi unha novidade para algúns dos pasaxeiros que non se tiñan estreado na aventura de voar. Pero a máis emocionante foi a experiencia vivida por unha usuaria da ONG luguesa, que viaxaba por primeira vez na súa vida. Para uns e outros -monitores incluídos_ o programa de actividades non tivo desperdicio. O privilexiado clima do que goza durante todo o ano a Illa balear, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, permitíu aos visitantes gozar das cálidas augas de fermosas praias, como Cala Nova, San Antonio, Ses Figueretes, D´en Bossa ou Cala Salada. Non menos atractivas resultaron as visitas aos mercados hippies de Punta Arabí e das Dalias. A orixinalidade dos tenderetes e a peculiariedade das xentes que os rexentan ou os visitan chamaron a atención dos excursionistas galegos, que non perderon ocasión de mercar pequenos recordos e agasallos. O programa da vaixe incluíu, tamén, roteiros de sendeirismo por fermosas paraxes da illa, sempre co Mediterráneo como telón de fondo. Cos ollos sorprendidos de quen descubre algo, gozaron, ademáis, cos percorridos urbamos por Ibiza, con visitas á cidade fortificada de Alta Vila, á catedral adicada a Virxe das Neves, patroa da illa ou ao peirao, desde onde embarcaron rumbo a illa de Formentera, para gozar dunha agradable xornada de lecer. MARABILLAS SOTERRADAS Pero quizáis o que máis impacto lles causou foi a visita a Can Marçà unha impresionante cova con máis de 10.000 anos de antigüidade, situada ao norte da Ibiza, no interior do cantil de Por de Sant Miquel. Ademáis do magnífico paseo exterior sobre os cantís polos que se accede a entrada, durante o percorrido tiveron ocasión de gozar dun impresionante esceario natural modelado pola naturaleza, configurado por estalactitas e estalagmitas de caprichosas formas creadas, ao longo do tempo, pola lenta caída da auga. Ibiza goza de fama en todo o mundo pola beleza das súas calas e praias e a calidade das súas augas. A estes, engádense outros atractivos que a fixeron merecedora, en 1999, da declaración pola UNESCO como parte do Patrimonio da Humanidade, ao representar un excelente exemplo da interacción entre os ecosistemas mariño e costero.

Noticias relacionadas