0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Asinado o convenio con La Caixa para o programa de contención de consumo de alcohol

A Obra Social da entidade financieira aporta 12.000 euros para unha actuación específica de rehabilitación

Os representantes da Obra Social de La Caixa e de Alume asinaron o venres, 28 de outubro, o convenio para o desenvolvemento do programa de contención do consumo de alcohol, que está en marcha dende primeiros de ano. A proposta de Alume foi aceptada por La Caixa hai meses, pero o acordo non foi asinado ata este venres. Ten un orzamento de 12.000 euros e afecta a 65 usuarios dos recursos da Asociación. Trátase de establecer terapias específicas que contribúan a erradicar o consumo de alcohol ou, en última instancia, a reducilo, por parte de persoas con enfermidade mental. Non se tratan só casos de adición, senón tamén de consumo, nun intento de envitar precisamente a adición, así como os prexuízos que o consumo do alcohol produce de xeito especial nos doentes dalgunha enfermidade mental. En moitos casos, a coexistencia dunha enfermidade mental, con consumos de sustancias alcoholicas producen un círculo vicioso que dificulta a rehabilitación nos dous aspectos, de ahí que ALUME establecera un método de actuación específico para tratar estes casos.

Noticias relacionadas