Entidade declarada de utilidade pública

Que facemos

Alume é unha asociación formada por pacientes e familiares de persoas con enfermidade mental, así como profesionais do ámbito da saúde mental e persoas interesadas na promoción da saúde mental e comprometidas pola igualdade.

Somos unha entidade prestadora de servizos. Un concerto coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, con outra financiación pública e privada, permítenos manter dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) en Lugo e Guitiriz, e catro pisos protexidos, onde as persoas con transtorno mental severo atopan unha vía para a inclusión social e os seus familiares, apoio e acougo.

Traballamos na loita contra o estigma aparellado á enfermidade mental mediante campañas de sensibilización, pero tamén có noso propio traballo, o dos socios, os profesionais, os voluntarios e sobre todo có esforzo das persoas que loitan por superar unha situación difícil pero que ten saída.

Recursos xestionados por Alume
Programas e actividades