O artigo 27 dos Estatutos de Alume contemplan a posibilidade de que a Xunta Directiva nomee membros honoríficos ás persoas ou institucións que considere oportuno, sen que tal nomeamento carrete a condición xurídica de socio. Dende o ano 2011, a Xunta Directiva adoptou a costume de facer un nomeamento de socio de honra a unha persoa ou entidade que se destacase na defensa dos dereitos das persoas con enfermidade mental e na loita pola saúde mental. Este recoñecemento faise anualmente con ocasión do Día Mundial da Saúde Mental, o 10 de outubro. A nómina de membros honoríficos de Alume é a seguinte:
Pola súa contribución a mellora das persoas con enfermidade mental e na loita contra o estigma mendiante a organización de actividades deportivas.
Polo seu apoio e colaboración na rehabilitación de persoas con trastorno mental severo.
Nomeamento a título póstumo, con ocasión do vinte aniversario de Alume, como xeito de recoñecer unha figura senlleira na historia da asociación.
Pola atención especial que nese establecemento reciben usuarios de Alume e de outras institucións que precisaron nalgún momento de aloxamento, manutención ou simplemente acougo.
Pola súa colaboración continuada na inserción laboral e social de persoas con trastorno mental severo.
Polo apoio dos seus voluntarios en beneficio das persoas con doenza mental e na loita contra o estigma desta enfermidade.
Pola súa valiente e enérxica defensa da dignidade das persoas con enfermidade mental