O día 19 de abril os usuarios de Lugo participaron no KM0 Multiaventura da Deputación de Lugo.
O pasado 19 de abril usuarios de Alume Lugo participaron no KM0 na modalidade de multiaventura. Tras a recepción na Deputación por parte do responsable do programa, visitamos as instalacións da Fundación Tic, onde coñecemos cómo funciona esta entidade, vimos unha unidade móbil de televisión e puidemos probar a facer un programa do tempo. Pola tarde, no Porto de Ribadeo, probamos os skates a motor e o paddle surf. Na actividade participaron 24 persoas.