Seis usuarios de Alume encargados da revista e dous monitores foron ata o Anxo Carro para entrevistar ao adestrador do C.D.Lugo.
Á chegada foron recibidos polo xerente que presentou ao equipo técnico para posteriormente facer a entrevista a Quique Setién na sala de prensa. A entrevista, que durou unha media hora, deixou moi bo sabor de boca aos usuarios. Tras a entrevista leváronnos a ver os vestiarios e o palco presidencial e vimos o adestramento do C.D. Lugo. Tamén nos presentaron ao equipo. Recibimos uns agasallos que consistían nun banderín e unha bufanda que logo nos autografiaron. Rematou a entrevista coas fotos co equipo. Os usuarios coinciden que foi unha das entrevistas máis entretidas e interesantes que realizaron e salientan o bo trato que recibiron por parte de todos os integrantes do C.D. Lugo, sobre todo de Quique Setién.