0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume e a Protectora de Animais presentan o Calendario Solidario 2014

Dúas asociacións da cidade de Lugo unímonos para visibilizar o noso labor e facer rede, presentando un orixinal calendario confeccionado con fotografías dos usuarios de Alume e dos animais da Protectora, tiradas en lugares emblemáticos da cidade de Lugo por alumnos e alumnas da Escola Ramón Falcón. A presentación será o vindeiro venres 22 de novembro, ás 12h00 no salón de actos desta escola.

Nós queremos un Lugo no que caibamos todos. No que haxa sitio para todas e todos; unha comunidade inclusiva, respectuosa coas diferenzas, crítica, sustentable e coñecedora do medio no que vive. E un bo xeito de camiñar cara isto é facer rede, colaborar e traballar xuntos polo cambio social. Con esta ideia saímos á rúa varios días do pasado mes de outubro para darnos a coñecer e para mudar as cousas. Porque a mellor maneira de loitar pola cidade que queremos é colaborar entre nós. O [Calendario Solidario 2014] de Alume e a Sociedade protectora de animais e plantas de Lugo, é unha colaboración a tres, nestes tempos nos que facer rede é básico, xa que tamén participou na súa elaboración o alumnado de segundo ciclo de Fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón. Trátase dun calendario de sobremesa no que cada mes está ilustrado cunha imaxe das persoas usuarias de Alume posando xunto a cans e gatos da Protectora, en varias localizacións da nosa cidade, que foron tiradas por alumnos e alumnas da Ramón Falcón. Gostábamos de compartir convosco esta iniciativa solidaria, enmarcada na campaña de Nadal das nosas asociacións. [A presentación do calendario será o venres 22 de novembro, ás 12h00 no salón de Actos da Escola Ramón Falcón. Vémonos alí!]

Noticias relacionadas