0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume vai de festa reivindicativa no Día Mundial da Saúde Mental

Onte, 10 de outubro, foi o Día Mundial da Saúde Mental, no que fixemos festa pola saúde mental, coas nosos usuarios e usuarias, as súas familias, as nosas socias e socios, persoal, amigos e amigas… E aproveitamos para agradecerlle á empresa Limpiezas Novoa SL a súa colaboración continuada na inserción laboral e social de persoas con trastorno mental severo.

Alume volveu celebrar, un ano máis, o Día Mundial da Saúde Mental coa súa tradicional pulpada na Parrillada Abel, moi perto do nosa sede en Lugo. A festa foi aproveitada para reivindicar os dereitos de todas as persoas con enfermidade mental e das súas familias e achegados, e denunciar o esquecemento do que habitualmente son obxecto por parte da comunidade. Mais, alén disto, a Xunta Directiva de Alume quixo facer tamén homenaxe á empresa Limpiezas Novoa, S.L., nomeándoa socio de honra en recoñecemento á súa colaboración continuada na inserción laboral de persoas con enfermidade mental, contribuindo á súa rehabilitación psíquica e á súa integración social. Aquí vos deixamos unha imaxe do noso día, no que tamén quixemos lembrar o lema: “Alternativas fronte a crise: o valor dos nosos dereitos”, escollido este ano por Feafes -entidade da que formamos parte-, que recolle a preocupación do movemento asociativo sobre como está a afectar a actual situación socioeconómica á saúde mental de todas as persoas, e moi especialmente a como está a afectar á atención en saúde mental. Uníndonos a esta campaña, tamén tentamos visibilizar a oposición do movemento asociativo a que se recorten os dereitos do colectivo que representamos. {Na imaxe que acompaña esta noticia, a vicepresidenta de Alume, Isabel Menéndez, entrégalle a María Novoa Souto, directora de Limpiezas Novoa, uns detalles de agradecemento.}

Noticias relacionadas