0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume e a Deputación asinan un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento dos obradoiros pre-laborais

O presidente de Alume Saúde Mental, Manuel Fernández Prado, e o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, reuníronse onte, luns 16 de decembro, para asinar un novo convenio de colaboración mediante o que a institución provincial aportará 11.000 euros para sufragar os nosos obradoiros de formación pre-laboral para persoas con enfermidade mental.

Na nosa liña de traballo, na promoción da recuperación e da integración social e laboral das persoas con enfermidade mental de Lugo e da súa comarca, desenvolvemos, ademais dos recursos e servizos culturais, educativos, residenciais e de lecer, os de tipo ocupacional e laboral. Nesta liña, e coa colaboración da área de Benestar Social da Deputación, desenvolvemos un obradoiro de formación pre-laboral para as persoas usuarias da nosa asociación, unha proposta que ten un marcado carácter rehabilitador e coa que se pretende mellorar as habilidades cognitivas, sociais e comunicativas das persoas con trastorno mental severo de Lugo e arredores, así como a a creación de hábitos de traballo nestas persoas de cara a súa inserción laboral. [Nova achega de 11.000 euros para os nosos obradoiros] Onte, luns 16 de decembro, o noso presidente, Manuel Fernández Prado, reuniuse co vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, para asinar un novo convenio de colaboración entre a Deputación e a nosa asociación, no que nos achegarán 11.000 euros para continuar desenvolvendo os nosos obradoiros. {Na imaxe, tirada da web de Vicepresidencia primeira da Deputación, á esquerda podemos ver a Manuel Fernández, presidente de Alume, e á direita a Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo.}

Noticias relacionadas