0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume crea unha campaña propia para loitar contra o estigma asociado á enfermidade mental

Aproveitamos que chega, case, case, a primavera, para botar a andar esta campaña #contraelestigma. E queremos comezar explicando un chisco o que significa o estigma asociado ás doenzas da mente, e por que estamos contra el, con toda a nosa forza, e a que ti nos dás.

O estigma é o principal obstáculo cara a recuperación das personas con enfermidade mental. Non é doado entender como funciona, porque moitas veces é invisibilizado… se non te afecta a ti, ou a algún familiar, segue a ser invisible. Por isto nos pareceu idónea esta reportaxe, publicada onte en {El Diario}, que nos serve para ilustrar o que imos contar as próximas semanas no noso BLOG #CONTRAELESTIGMA: Lugocontraelestigma.tumblr.com [“Somos xente boa que se sente mala”] – {As persoas con enfermidades mentais enfróntanse ao estigma da sociedade que as leva ao rexeitamento e ao autoinculpamento.} – {“O estigma social que carrexan as persoas con enfermidades mentais é moito máis daniño que a propia enfermidade”, di María José Cano, xerente da Federación de Euskadi de persoas con enfermidade mental.} Carlos sempre foi un estudante de matrícula de honra, o que o levou a recibir unha bolsa para estudar enxeñaría naval en Moscú. Comezou a súa preparación en ruso, até que un día comentou na casa que era incapaz de durmir, xa que oía voces continuamente e notábase moi alterado. Este foi o paso previo a “un rosario de visitas a profesionais médicos” que finalmente lle diagnosticaron “esquizofrenia paranoide simple”, unha enfermidade que “truncou as súas expectativas para sempre”, conta a súa irmá, Elena Fernández. E é que para as persoas con enfermidade mental resulta “moito máis daniño o estigma social que carrexa o seu trastorno que a propia afección”, asegura María José Cano, xerente de Fedeafes (Federación de Euskadi de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental). “Os pacientes contan cunha dobre dificultade, xa que non só teñen que enfrontarse aos síntomas da súa enfermidade que, unha vez que se coñecen e controlan, pódense tratar, senón tamén ao estigma existente na sociedade”, explica. “Unha realidade que deriva no autoestigma, xa que ao final os pacientes acaban por crer no rol que erroneamente lles vén imposto de que non serven para nada”, di a xerente. Co obxectivo de dar a coñecer os erros que aínda perviven no imaxinario social, Fedeafes elaborou un estudo sobre a realidade do estigma social entre as persoas con enfermidade mental na CAPV. A federación, dividida en catro asociacións que representan a 3.000 familias de máis de 9.000 persoas afectadas, presentou as conclusións do informe en Bilbao, dentro do cal se achegan algunhas confesións dos propios pacientes. “A xente pensa que somos perigosos, pero non é así”; “Somos xente boa que se sente mala”; “Eu nunha entrevista de traballo non o diría”; “Vésenos como unha ameaza, por iso nos rexeitan”, son algunhas das frases recolleitas nos diversos talleres de traballo con pacientes organizados polas asociacións. En palabras da xerente, “estas declaracións débense ao sentimento de culpabilidade que experimentan a consecuencia da estigmatización na que viven continuamente”. “Todas estas persoas encóntranse cos prexuízos e o medo dos demais que dificultan a inclusión social e empeoran a súa evolución”, detalla. Así mesmo, danse diferentes grados de estigma en función do diagnóstico. “Socialmente, os trastornos máis comúns como unha depresión están máis aceptados, pero cando falamos de enfermidades mentais graves como pode ser a esquizofrenia ou bipolaridade o rexeitamento perdura”, asegura Cano. [O estigma esténdese ás familias dos afectados] Neste sentido, non son só os afectados quen sofren a estigmatización da súa enfermidade, os familiares tamén senten o rexeitamento dunha sociedade que por descoñecemento recae nos prexuízos. “A xente ten a imaxe dun tolo nun filme e por iso os rexeitan. No noso caso, os amigos non entenderon as súas circunstancias, polo que se produciu un illamento”, conta Elena, quen recoñece que todos os membros da súa familia tiveron que acudir ao psicólogo para entender até onde abrangue a doenza do seu irmán, e aprender a convivir con ela. Do mesmo xeito, as conclusións do estudo amosan que moitos achegados ao paciente senten que “o resto da sociedade non os ve como persoas”. “As súas miradas e comportamentos están condicionados, vendo a enfermidade antes que á persoa”, argumentaron os familiares nos talleres, entre os que algúns tamén pensaban que “contalo aos amigos só serve para conseguir que xa non o miren coma antes”, polo que se dá “un claro agochamento do problema por medo ao rexeitamento”, explicaron na presentación. [Propostas para acabar co estigma social] Desde a Federación aseguran que “o estigma é algo que hai que abordar desde todos os ámbitos”. Por iso, solicitan á Administración que faga “unha aposta polo colectivo en todas as áreas sociais para amosar a importancia con iniciativas de sensibilización”, así como “instaurar políticas que favorezan a contratación destas persoas e aseguren o mantemento dos seus postos de traballo”, entre outras propostas. Pola súa banda, tamén denuncian “os titulares morbosos de moitos medios de comunicación” e piden a súa colaboración para “erradicar calquera vinculación sensacionalista da enfermidade mental con episodios de violencia”. Fedeafes recalca que “as persoas con enfermidades mentais pódense recuperar cun tratamento e apoio adecuado”. Por iso consideran “moi importante prestar atención desde áreas tanto sanitarias como sociais a estas persoas e ás súas familias, para que estean debidamente atendidas e non se produzan abandonos”. No caso de Carlos, con apenas dezaoito anos, tivo que abandonar o seu soño de seguir estudando mais, grazas ao altruismo dunha empresa que comprendeu a súa situación, déuselle a oportunidade de traballar durante vinte anos, ata que unha recaída o apartou definitivamente da vida laboral. Malia iso, “agora conta coa súa xubilación e, aínda que sempre necesitará a medicación, é bastante independente”, di Elena. “Desde que se lle detectou a enfermidade, o meu irmán necesitou a alguén que o sosteña continuamente. Tivemos a sorte de atopar a persoas que souberon comprender a súa situación sen xulgalo, pero os estereotipos da sociedade aínda pechan portas a moita xente que co tratamento axeitado podería levar unha vida normal”, asegura. {Esta reportaxe, publicada onte en El Diario,} aquí.

Noticias relacionadas