Un grupo de usuarios da nosa asociación participou nun obradoiro de cociña romana no mercado de Quiroga Ballesteros.
Estes 6 usuarios puxeron aproba as súas habilidades culinarias interactuando no taller de cociña organizado polo Concello de Lugo. O lugar elixido foi o mercado de Quiroga Ballesteros, onde lles mostraron e degustaron as receitas que se preparaban na antiga Roma. O obradoiro estivo impartido por cociñeiros de Braga, Astorga e Lugo.