0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Alume colabora con bolboretas no Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

Co gaio do Día Mundial Contra a Violencia de Xénero no concello de Lugo realizáronse diversos actos entre o que destacamos “O Voo das Bolboretas”, acción na que participamos dende Alume aportando bolboretas de papel realizadas polos usuarios da nosa entidade.

Tamén nos encargamos de axudar na colocación das mesmas na Praza Maior. O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fixo en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e se replicou en Lugo enchendo de bolboretas a Praza Maior. Estas bolboretas foron feitas por asociacións, participantes dos cursos do Museo Provincial, achegas de distinto tipo, etc, no marco do Programa da Rede Museística “Plántalle cara ao maltrato”.

Noticias relacionadas