0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

O poder sanador da creatividade artesanal

A capacidade terapéuica das manualidades está fóra de toda dúbida. É unha porta aberta á creatividade, polo que comporta un compoñente lúdico importante. A satisfacción que implica a execución dun traballo, cun resultado estéticamente agradable é sempre motivador. Pero sobre todo é una maneira divertida e relaxante de empregar o tempo. Ademáis, permite adquirir ou recuperar certas habilidades importantes para o desenvolvemento das persoas no seu día a día.

En calquera das súas manifestacións os traballos manuais esixen atención e concentración. Tamén contribúen a desenvolver a piscomotricidade fina. Pero non tódas las actividades serven para todos. De ahí a amplia e variada oferta de de Alume Lugo e Guitiriz, coa que desde a asociación tratamos de dar resposta ás capacidades creativas dos usuarios, sempre en función das súas preferencias e habilidades.

SEN TENSIÓNS

Pintura sobre lenzo, cerámica, coiro e pel, fabricación de bolsas de agasallo, confección de flores, bisutería en arame, material de escritorio, cestería, estampacións en tea, etc., son algúns dos obradoiros nos que participan os usuarios dos nosos centros ocupacionais de Lugo e Guitiriz. En todos eles percíbese un ambiente relaxado e agradable.
No de mandalas, por exemplo, a cromoterapia e a musicoterapia converxen nun doble obxectivo creativo e sanador. A música, cun fondo de sons de auga, e o caleidoscopio de cores cos que se compoñen as figuras, espertan a sensibilidade e o benestar entre os seus creadores. Ísto é algo que se percibe cunha ollada atenta ao labor que están a realizar.

As actividades están a cargo de monitoras de Alume, ademáis de persoal voluntario, sempre moi xeneroso e entregado á nosa causa, que asegura gozar dedicando parte do seu tempo, por exemplo, a iniciar aos usuarios nos rudimentos da costura, entre outras habilidades manuais, cuxa aprendizase contribúe a acadar un maior grao de independencia na súa vida diaria.
Sen excepción, as actividades lévanse a cabo nun ambiente totalmente distendido, que axuda a eliminar tensións, un dos atrancos que dificultan a consecución do equilibrio emocional, indispensable para calquera tipo de avance.

RENDIBILIDADE TERAPÉUTICA

Ademais da produción propia, nos obradoiros de Alume fánse encargos realizados por particulares (agasallos para eventos como, vodas, nacementos, primeiras comunións, trofeos, etc.) e empresas, que, deste xeito, colaboran con nós, espallando o bo facer de cantos poñen a súa creatividade á disposición da xente.
A variada gama de traballos que saen dos nosos obradoiros comercialízase, sobre todo, a través de mercadiños solidarios, como Diversiarte, todo un clásico nos días que preceden ás festas do Nadal, ou durante as  patronais lucenses do San Froilán, por mentar as citas máis importantes.

A venda tamén se realiza na propia sé de Alume, onde se mantén unha mostra de traballos realizados polos alumnos dos distintos obradoiros. A oferta é do máis variada e útil, por canto abrangue dende traballos feitos en coiro: axendas, carteiras, chaveiros etc., ata vistosos cadernos de notas de papeis reciclados.

O barro é outro dos fortes dos obradoiros que se imparten en Alume, tanto pola orixinalidade dos traballos (pousavasos temáticos, xogos de mesa, flores. etc.) como pola súa diversidade e calidade. O mesmo ocorre co arame, un material que á creatividade dos deseños engade a paciente habilidade dos usuarios, de cuxas mans saen compricados broches, prendedores para o pelo, marcapáxinas, pendientes e toda sorte de adornos.

E qué dicir do partido estético que lle sacan ao papel .¡Ata ramos de noiva saen deste obadoiro!, por non citar os orixinais marcos de fotos ou de espellos, as prácticas libretiñas de notas ou as vistosas bolsas para agasallos.

Os prezos, por outra banda, son moi asequibles, xa que a finalidade que se persegue coa realización dos traballos non é a rendibilidade económica, senón a terapéutia e rehabilitadora dos usuarios de Alume. Hai que engadir, iso sí, que os ingresos que se acadan por medio desta produción artesanal destínanse a contribuír ao mantemento das actividades.

Noticias relacionadas