O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou as instalacións de Alume Saúde Mental onde mantivo un encontro cos responsables de FEAFES. O centro de Alume foi escollido pola Federación para celebrar este encontro debido a que se trata dunha asociación representativa do movemento asociativo galego en saúde mental.
Rey, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, abordou cós responsables de FEAFES as vías de colaboración entre o seu departamento e a Federación, así como a situación das persoas con enfermidade mental en Galicia, que supoñen un 21% das discapacidades.
O conselleiro afirmou que o seu departamento comparte con FEAFES o reto de “prestar unha atención persoalizada, defender os dereitos das persoas con enfermidade mental e facer labor de sensibilización”, ademais de mellorar a inseción laboral deste colectivo.
Durante a súa visita ás instalacións de Alume, os representantes da consellería tiveron oportunidade de coñecer de preto as actividades que os usuarios realizan nas distintas áreas de traballo.